Quantcast
Channel: PSOE Provincial de Lugo » denuncias
Viewing all articles
Browse latest Browse all 2

Máis proteción e prevención para as vítimas da violencia de xénero

$
0
0

No Día Internacional contra a Violencia de Xénero, reclamamos, como non podía ser doutro xeito, aos Gobernos Central e Autonómico que establezan un plan específico de atención e prevención desta lacra, de tal xeito que se reduzan as cifras que hai na actualidade. Na provincia de Lugo, segundos datos obtidos en resposta parlamentaria do Ministerio de Xustiza, no segundo trimestre de 2014, rexistráronse 267 denuncias por esta causa.

É urxente, por tanto, revisar todos os eslabóns da cadea para detectar as áreas de mellora e tomar todas as medidas para corrixilas. A violencia é un déficit democrático e un problema social, en cuxa solución deben de implicarse os gobernantes e a sociedade. Por iso, hoxe a nosa sede tamén foi un Espazo Seguro e Libre de #Violencia Machista.

Denunciamos o escaso compromiso dos nosos gobernantes no obxectivo da prevención e a proteción das vítimas, e que demostra nos recortes aplicados nos orzamentos destinados a este fin. Co PSOE na administración do Estado, foron 7 anos de avances, e co PP, 3 anos de retroceso. O Partido Popular puxo en perigo a viabilidade da Lei aprobada polo Executivo socialista e a súa efectividade cos continuos recortes presupostarios. Concretamente, as partidas que destina o Goberno Central a este fin contan con 6,6 millóns de euros menos que en 2011; o que supón un recorte do 22%.

Cremos que estamos ante un retroceso ideolóxico, de forma que o Goberno elimina da súa axenda a igualdade. A Ministra Mato fai invisible esta lacra e os asasinatos machistas, negándose a falar delo”; cuestión que vai en contra da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de proteción integral contra a Violencia de Xénero, no seu artigo 1, recolle: “…La presente Ley tiene por objeto actuar contra la violencia que, como manifestación de la discriminación, la situación de desigualdad y las relaciones de poder de los hombres sobre las mujeres, se ejerce sobre éstas por parte de quienes sean o hayan sido sus cónyuges o de quienes estén o hayan estado ligados a ellas por relaciones similares de afectividad, aún sin convivencia…”.

Trátase, en definitiva, de reforzar o compromiso das políticas encamiñadas a este fin, tal e como fixemos os Gobernos socialistas.

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 2

Latest Images

Trending Articles


SUKEINA AALI-TALEB FERNÁNDEZ [16.897]


Por: Ana Quintero


Farruko Ft Mario VI - Asiento de Atras (Acapella)


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


ÁLEX PORTERO [11.569]


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


JAVIER VELAZA FRÍAS [19.204]


AKEEM LASISI [20.214]